Som do Galpom

África

Som do Galpom


Desigualdade, en calquer parte,
Ti formas parte, o norte trae a morte
Daqueles veciños do sul,
Matando pola paz, cegados pola luz
Que rouba a enerxía da terra que pisa
Ata que está vacía,
E, que mais ten o chan que pises?
E de quen é aquelo que ti colles
Por propio interés das malas intencións,
Feridas marcadas no rostro,
Mentres que quede alguén daquel sangue,
Daqueles mortos, quixeron defender,
A terra que era súa queríanlla coller
¿por que?
A terra que era súa queríanlla coller
¿por que?

Deixar pobos desertos,
Sen nada que comer,
Impoñen a súa lei de ter máis que ninguén,
Explotan os recursos con divisións absurdas,
Separan aos seres queridos, fillos e pais
Escravizados, atados con cadeas,
Os soños perderon no mar,
Ao seu lugar de orixe, non voltarán,
Non deixa de verter
Non deixa de correr o sangue,
Sufrindo sen poder, con pedras contra tanques,
Sementes de vencerlles,
con pedras contra tanques,
Sementes de vencerlles...

E neste mundo, ricos e pobres,
Xa todo cheira, fronteiras son barreiras
Daquelo que apodrece no sul,
Non medra herba,
No norte está o poder,
Fincaron bandeiras co fin de protexerse,
Impiden que inmigren as xentes
Que coma ti, que coma el,
Manteñen esperanzas, precisan dun fogar,
Non sei, por que chamar futuro negro?
Cando é branco o futuro, os poucos teñen moito,
Que viven a conta doutros, da súa pobreza,
Aumentarán riquezas, baixo prexuízos raciais
Quitándolles o pan para pagar
Políticas colonialistas occidentais.
E xa a ninguén lle importa,
A túa impunidade, ninguén soporta
Que sigan pechadas as portas,
Precariedade, provoca ás migracións,
Perigo de morte en penosas condicións
Para cruzar o Estreito nun cadaleito,
Un longo treito, cheo de trampas
tapadas con trabas legais,
que atentan en contra de todos
os dereitos humanos dos nosos iguais,
actúan as autoridades cun criterio empresarial
como se fosen inimigos,
aos animais facéndolles o mal,
esquécense as raíces,
esquecénse as raíces de África túa nai!!!!

Encontrou algum erro na letra? Por favor, envie uma correção >

Compartilhe
esta música

Ouça estações relacionadas a Som do Galpom no Vagalume.FM
ESTAÇÕES