Sinto as miradas bater no meu peito Sinto corazas fundirse en silencio Sei do mal, coñezo o ben Tamén os meus talentos Hai días que soño con botarme ó mar
E sei de ti cando non estás Busco sombras nun deserto Agora non fago, só queimo un papel
E funme só e non regresei Náufrago a contravento Cuberto de flores, baleiro por dentro Náufrago a contravento
Sinto a cordura atando baleiros Sinto os teus beizos soprando os meus beizos E saín de min e atopeime en ti Na dozura do teu xeito Recobrei a consciencia abrazado ó teu peito
E prometo estar cando non estés E prometo ser nós mesmos Debuxando paisaxes e envellecendo
Non me deixes ir, eu non te soltarei Loitaremos contra o vento Camiñando con paz, abrazados a un tempo