Zapatos de chiculate tenos a miña cadela pra leva-las ovelliñas ás feiriñas de Nadela. Aló ven o gaiteiro por detrás do pinar hastra os pinos lle axudan á gaitiña a tocar. Indo eu pra non sei donde vendo eu a non sei quén, á porta de, xa me entendes... non me poido acordar ben. Andivecheste alabando polos muiños moendo, que te casabas comigo e iso era en eu querendo. A rula vaise queixando, que lle levaron o niño, que che mandou facer rula tanto á veira do camiño. Algún día ben pensaches do meu corazón ter froles. Agora vai ós codesos, que chos hai nos arredores.