Dame o que che pido, nena, que non che pido diñeiro. dame a túa ovella negra, prá xuntare ó meu carneiro ai la le lo, ai la la la
E ti telo telo non no queres dar e dispois de vella podelo salar.
Fuxe de ahí sapo concho mañá teño que cocere, se non teño barredoiro contigo hei de barrere.
E chiscao por diante e chiscao por tras e tocalle a conchas churrascarraschas
Dame o que che pido, nena dame que non e pecado unha muxica de lume pra prende-lo meu cigarro Pensas porque és herdeiro que te hei traguer pola mau moitas serdas tén o porco e non sale de marrau Por esta carballeiriña moito me gusta cantare anque non teña-la gracia ela háche de resoare
Ehi veñen,ehi veñen, ehi veñen, ehi van sardiñas frasquiñas de pola mañán.