oe ti, o do pandeiro, toca-ma outra vez non me durmo e non teño sítio onde ir oe ti, o do pandeiro, toca-ma outra vez cando ao leste cante o galo irei onda ti os sentidos esgotados abandoan-me ao serán esvaecen entre as mans estou cansa e sen embargo non me durmo os ollos coma lousas os pés a me ferver estou soa, non hai ninguién e na rua anterga e gris todo está escuro (CORO) fai-me voar nun barco ti tés máxia de guru mente espida e corpo nu a mecer-me co vaivén insensíveis os meus pés sei que agardan polas botas e a marea estou disposta a todo a pirar-me e esvaecer a perder-me baixo a pel enfeitiza-me outra vez alívia as miñas penas (CORO) fai que desapareza baixo o fume do papel onde o tempo ande ao revés baixo a longa lua de avril na espesura do xardin cara á praia de marfil mais aló do vil confin dos soños rotos a bailares coas estrelas saúdando cunha man camiñando sobre o mar area feble baixo os pés as lembranzas do outro edén ondas brancas que mollei quero esquecer-me do que vén até o dia novo (CORO)